Entrevista nº 227

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Presidente do Partido Republicano de Amoeiro. A formación da corporación municipal por republicanos e socialistas no 31. Pormenorizado repaso a cada un dos membros da corporación. Funcionamento do concello. Diversas obras públicas. As accións contra contra os anteriores responsables do concello por irregularidades. Problemas entre socialistas e comunistas. As escolas. Os servicios sociais. As sociedades agrarias. Os falanxistas e a pillaxe nos rexistros. A represión. O asasinato dun falaxista porque violaba ás mulleres. A importancia dos curas. Os fuxidos no monte; el estivo dous anos agachado. A influencia da emigración a Cuba na política galega.