Lealdina fala da figura de seu pai, un canteiro da parroquia de Gargamala de Mondariz. Era moi nena cando comeza a guerra máis ten bastante claro todo o proceso represivo vivido por seu pai. José Amoedo participa na defensa da República en Mondariz e é perseguido pola Falange local polo que foxe da casa, permanecendo no monte ata xaneiro de 1938 que é atopado morto na estrada de Fozara con Paredes, en Ponteareas. A familia recibe moitas presións de Falange e incluso lle queiman a casa.
Súa nai é detida xa na década de 1940 por comerciar no estraperlo e é detida no cárcere de Pontevedra. Ao morrer o pai o concello de Mondariz pon a súa nai a servir no campo na casa dunha familia de Mondariz na que eran mal tratadas. A súa infancia tampouco foi feliz por ser filla dun represaliado. Despreciadas polos veciños. A súa nai foi rapada.