Quina nace en decembro de 1936, non conta con recordos dos anos da guerra se ben a través dos relatos da súa nai e da súa avóa pode reconstruir os feitos acontecidos á súa familia naqueles anos. Comeza falando da figura paterna e da loita sindical a favor dos deretios dos mariñeiros antes do 18 de xullo de 1936. Cando comeza a guerra seu pai agóchase na casa da nai e ata outono de 1937 non é descuberto. Logo é detido en Cangas, despois en San Simón e finalmente trasladado a Pontevedra onde o xulgan e executan a pena de morte en xaneiro de 1938. Ademáis de seu pai Quina tamén relata a represión sufrida pola súa nai, a súa avóa e o seu tío Manuel. Este último tamén é detido e xulgado en Pontevedra se ben a pena imposta será de 16 anos, conddea que cumpre en San Simón e en Teruel. Por outra banda Quina fai referencia tamén aos encargados da represión en Cangas, doutras víctimas, e dos lugares onde aparecían os cadáveres das víctimas.
Despois da morte do pai a vida que segue para a familia e as dificultades dunha viúva de 31 anos para criar unha filla.