Entrevista nº 2285

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Nieves era moi nena cando comeza a guerra, xa que nace en maio de 1935. As vivencias concretas de represión da familia son contadas a posteriori polos seus pais. Comeza falando de seu pai, este ten que ir ao fronte de guerra como voluntario e toma parte na batalla do Ebro. A súa nai é víctima das represalias das mulleres de Falange: rapada e aceite de ricino. Obrigada a traballar no Hospital. As visitas ao cárcere.Outras víctimas da vila. Os lugares da represión. A familia na posguerra. O traballo político de Nieves e a súa militancia no PSOE.