A entrevista ten tres partes diferenciadas. A primeira presenta a vida cotiá da vítima principal, Manuel Martínez Moroño desde a sua infancia, vida labora e participación asociativa e política, sen que este último a partado sexa moi rico en detalles. Nunha segunda parte ofrece o proceso represivo sufrido dentro dun contexto xeral de represión da familia con datos importantes sobre o Bou EVA do que foi , esta vítima principal, unha das vítimas. Nun contexto de post-guerra faise referencia á viúva e ao fillo ( entrevistado) e a figura do pai volta á súa vida cando entra a traballar na autoridade portuaria. Tamén nos fala das orientacións políticas propias no franquismo e na transición.