Relata diferentes episodios de represión vividos pola súa familia co inicio da guerra civil. Seu pai, é detido na casa por un grupo de falanxistas que o levan a Vigo e alí é retido varios meses ata que o trasladano ao Lazareto de San Simón para despois ser ingresado nun Batallón de Traballadores no fronte de guerra que estaba instalado pola zona de Teruel. Ademais da represión do pai relata o aconteceido a varios dos irmáns de seu pai, e a un curmán. Por outra banda fala da vida familiar sen o pai. Ten que ser a súa nai quen saia a traballar xa que os seus fillos máis vellos son mobilizados e están na fronte ata a fin da guerra.
Recóllense ademais outras historias de represión vividas na zona con algúns nomes.