Entrevista nº 2292

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Abordouse, neste caso, unha entrevista colectiva que, en liñas xerais,inda que tentando acotar algunhas cuestións, segue a liña das que se fan individualmente. Polo tanto, pódense distinguir tres partes diferenzadas nas que se pescuda na actividade dos represaliados antes do 36, outra adicada á represión personalizada e colectiva e unha final na que se abordan os anos do Franquismo. Neste caso, o volume da información é superior no que se refire á represión, non só no relato das vivenzas familiares coma en certos aspectos da colectividade. Neste sentido, cobra especial relevanza a memoria en torno aos propios represores, moi ampla e diversa.