Entrevista nº 2293

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Antonio nieves (a) Nerote, comeza o seu relato cos feitos acontecidos durante a revolución de Asturias en 1934 da que el participa, apoiando aos sublevados, xa que estaba facendo o servizo militar en León. Foi procesado e condenado por esa participación a 8 anos de cadea. Co cambio de goberno en febreiro de 1936 sae en liberdade. Co inicio da guerra en xullo 1936 colabora co CDR e logo é perseguido por Falange polo que se agocha en diferentes lugares ata que é detido en 1941. Na cadea ata 1942. desde entón empeza outra vida en Escairón mais sigue a sufrir presións e finalmente decide emigrar a Venezuela. Regresa a Galiza na década 1970.