Entrevista nº 2294

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

David Nieves emigra sendo moi neno coa familia a Cuba e regresa aos 18 anos. Simpatizante de esquerdas, este destaca pola súa implicación en cuestións políticas se ben a súa familia non sabe se militaba en algún partido. Cando comeza a sublevación militar en xullo de 1936 temendo represalias por parte de Falange fuxe a Portugal e despoios regresa internandose nos montes próximos á casa familiar. Finalmente na primavera de 1937 é detido e levado ao cárcere de San Francisco de Ourense onde está poucos días. Despois diso a familia pérdelle a pista. Dáno por morto anlgún punto entre Ourense e Trives.