A entrevista consta de tres bloques. No primeiro faise unha semblanza bastante extensa en diferentes cuestións do acontecido antes de 1936, especialmente aspectos da vida económica e cotiá de Bueu e da familia. Nun segundo apartado refírese á represión en xeral na vila de Bueu para paseniñamente achegarse ao proceso represivo vivido polo seu marido, incluíndo as vivencias dela e da familia que fica en Bueu. Finalmente abórdase de forma máis xeneralizada o camiño que leva dende a volta da cadea do marido até os primeiros anos da transición, especialmente desde a visión que se tiña na casa do réxime e de determinados acontecementos.