Como xa é habitual a entrevista consta de tres bloques diferenciados. No primeiro faise unha aproximación a figura da vítima que propicia a entrevista, dende a súa infancia ate xullo do 36, obtendo datos sobre a súa formación, profesión, vida e certo perfil ideolóxico. O segundo apartado está adicado a pescudar tanto o proceso represivo sufrido pola vítima, como o que se vivíu na comunidade (vítimas, verdugos e feitos relevantes. Finalmente abórdase a continuídade no franquismo e neste campo van cobrando maior relevancia as vivencias do entrevistado, sendo o auténtico protagonista da entrevista, no canto do seu pai, vítima do 36