A entrevista consta dos tres bloques xa comúns. No primeiro o entrevistado da algúns detalles do acontecido antes do 36, especialmente a imaxe de homes de esquerda, vinculados á emigración que lían a prensa a un colectivo de homes de Ons. Tamén da certos detalles de interese no apartado adicado á represión,así como o relato dalgunhas vivencias de guerra. Tamén descubrimos que o protagonista, tivo unha experiencia represiva menos intensa que o común dos entrevistados neste proxecto. Finalmente, a parte adicada ao acontecido ao longo do franquismo é moito menos interesante