Entrevista nº 2307

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

A entrevista comeza cunha semblanza da vida familiar lembrada a través da infancia do entrevistado. Isto lévao a lembrar feitos da vida na comunidade e aspectos políticos de interese de antes de 1936, entre os que destaca a forza do PCE na bisbarra. A partir de aí vaise adentrando no momento do golpe de 1936 e a represión que se reflicte dun xeito coral aínda que aparece a figura do seu propio tio asesinado e as vicisitudes do seu avó (xa están narradas no diario de Joaquín Cao en posesión do Proxecto). Finalmente faise un repaso á madurez do entrevistado, á súa posición ante o franquismo e a súa deriva socio-política ante a ditadura até chegar á transición democrática.