Entrevista nº 2310

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Esta entrevista non ten un protagonista que vivise os feitos en Galicia, ten un sentido comparativo e tamén indagar en feitos vividos en Galicia nos anos cincuenta e seguintes cando este home chega a Vigo. Comeza a entrevista cunha semblanza biográfica dende a infancia ate o momento da súa detención. Sendo elementos de máis interese a educación e a política. Abórdase despois un percorrido polo seu proceso represivo e o que el poido coñecer da represión en xeral, incluído o fusilamento do seu irmán, soldado republicano. Finalmente préstase atención a súa chegada a Vigo e a militancia no anarcosindicalismo, o enfrontamento a determinados acontecementos e a súa evolución política.