Primeiramente faise unha pequena reseña das orixes dos pais e o ambiente familiar, relacións sociais, ocupación e socialización política dos irmáns antes de 1936. Nun segundo bloque abórdase a historia da represión familiar, comentando as vicisitudes do seu pai e dos seus dous irmáns na Pontenova, así coma dos outros irmáns en Madrid, que marchan cun parente exiliado. Cóntanse os casos da represión a nivel xeral na localidade.
Nun terceiro bloque, abórdase a vida nos primeiros anos do franquismo e a firmeza da nai á imposición das novas formas de conduta sobre os seus fillos, así coma a traxectoria posterior dos irmáns, que marchan fora do Estado Español, atopando dificultades burocráticas para saír e entrar. Coméntanse as reaccións ante algúns acontecementos coma a morte de Franco ou o golpe de Estado de Tejero.