Comeza a entrevista reflectindo a infancia do entrevistado, coñecemos a súa casa, os membros e a súa educación no fogar e na escola. A partir de aí adentrámonos no coñecemento máis pormenorizado do seu pai (infancia ate a República). Nun segundo apartado indágase na represión: na propia, na do pai e na que coñece da comunidade. Finalmente avánzase polos anos do franquismo, observando o posicionamento e actuación da familia ante o réxime e determinados feitos relevantes. Remátase cunha breve semblanza da transción: visión do proceso, orientación do voto….