Neste caso a entrevista non se centra tanto na historia familiar directa do entrevistado como en indagar o que éste nos poida aclarar sobre a figura de Ánxel Casal. Nun primeiro bloque sitúa a familia de Ánxel Casal na parroquia de Vilantime e a traxectoria vital de Manuel Casal, pai do represaliado, e do propio Ánxel Casal. Seguidamente detense na represión sufrida, dende que se agocha na casa do entrevistado até a súa morte, incidindo nalgunhas consecuencias sobre a súa familia e sobre os captores de Casal e algúns flocos da represión na localidade. Finalmente abórdase unha pequena semblanza de cómo se viviron na súa familia o Franquismo e a Transición