Entrevista nº 2324

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

A entrevista comeza cunha exposición do entrevistado sobre o acontecido en xullo do 36 e os feitos que continuan. Seguidamente a través de preguntas, retrocedemos a antes do 36, coñecendo un pouco máis a figura paterna. Incidimos logo en más aspectos sobre o proceso represivo paterno, as vivencias da familia e algo da comunidade. Finalmente, como xa é habitual, adentrámonos na etapa franquista e situamos ao entrevistado e a familia, fronte a certos acontecementos do réxime, chegando á Transición.