Pola idade e a particular vivencia do entrevistado a entrevista comeza en como coñece o proceso represivo do pai e as reticencias que sempre amosou a nai para dalo a coñecer. A partires disto abórdase un breve coñecemento deste proceso. Boa parte da entrevista céntrase na vivencia do propio entrevistado como militante da esquerda e a visión que neste contexto do tardo franquismo e a transición se ten da represión e a visión dos represaliados.