Entrevista nº 2354

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Parte a entrevista dunha disertación do entrevistado sobre a súa adicación profesional, que deseguida o leva a falar a situación tras o proceso represivo. A partir de ahí realiza unha ampla narración deste proceso dende a súa propia experiencia. Posteriormente aclara aspectos da vida do pai antes do 36 e do que acontece tras o golpe con outros membros da súa propia familia, así como da comunidade. Finalmente adéntrase nalgúns aspectos posteriores que chegan ate a transición. A última parte é unha breve crónica da súa experiencia no servizo militar e de cómo comeza a amosar os síntomas dunha enfermidade que o vai incapacitar.