A entrevista comeza cunha disertación do entrevistado no que pon de relevo o proceso represivo vivido pola familia. Nun segundo apartado a través de preguntas vaise indagando en máis aspectos deste proceso, así como en perfilar unhas breves historias de vida dos represaliados. Finalmente hai un achegamento a propia vivencia do franquismo e a historia de represión familiar por parte do entrevistado, así como as súas apreciacións sobre o acontecido na Transición.