Entrevista nº 2441

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Nun primeiro bloque faise unha pequena narración dos sucesos represivos sufridos por Serafín Estévez Martínez dende o golpe de Estado até o remate da guerra, o seu internamento nun campo de concentración en Franza e posterior instalación alí, onde o sorprende a Guerra Mundial e vese obrigado a voltar á Península, onde é xulgado e condenado a prisión. Nun segundo bloque faise referenza á vida do citado en Cartelle durante o Franquismo despois de saír do cárcere, a súa conexión co PCE na clandestinidade e a extensión da represión a outras persoas da familia. Finalmente abórdase a valoración da vítima dos feitos que se van sucedendo até a Transición, así coma o labor de transmisión dos feitos represivos á familia e persoas próximas.