Entrevista nº 2457

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Nun primeiro bloque, María Luísa Vega comenta as orixes e ocupación da súa familia e narra o periplo de emigración a París en 1932, explicando como se ve inmersa na represión durante a ocupación nazi de Francia, sendo detida e levada a un campo de concentración preto de París e logo deportada a Karlsruher. Ao remate da guerra retorna a Francia, onde se establece até o ano 2001 que volta a Galiza. Nun segundo bloque, Gonzalo Fernández explica a súa experiencia coma emigrante nos anos 60, introducindo aspectos da vida no Franquismo e dando información sobre a guerrilla na zona de Valdeorras ou o estraperlo.