Entrevista nº 2469

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Nun primeiro bloque preséntanse os feitos represivos que afectaron á familia da entrevistada, facendo especial fincapé no xeito en como se lle transmitiu a ela esa información. Posteriormente faise unha caracterización da familia da entrevistada, afondando na difusa transmisión dos feitos ocorridos e en certos aspectos da cotianeidade, até a toma de posición da entrevistada contra o réxime e a súa militancia no PCE, facendo reflexións a respecto do proceso político da Transición e da memoria en xeral.