Fillo dun militante esquerdas, antes de estalar a Guerra Civil marcha para Madrid, onde vivirá os asaltos e os bombardeos ata seren trasladado cunha colonia de nenos a Barcelona. Cruzará a fronteira con Francia e será trasladado xunto cos demais rapaces a diversos centros de residencia, nutríndose da axuda internacional. Durante a Segunda Guerra Mundial reencóntrase coa súa familia en Villeneuve-sur-Lot e viven o réxime de Vichy e a ocupación alemá. Finalmente, trasládanse cara o sur, a Toulouse, onde vivirán o resto do seu exilio. Todo este tempo, o entrevistado desenvolve a súa militancia no JSU, participando dunha visita oficial a Yugoslavia. Finalmente, tras varias tentativas, retorna a España a finais dos 80.