O entrevistado realiza un repaso a través de anécdotas diversas, e atendendo ás preguntas que se lle fan, polo clima da parroquia de Rinlo e arredores durante a Guerra Civil. A represión e os abusos, os membros da Falanxe local, os fuxidos, o recrutamento forzoso e o papel dalgúns dos sacerdotes da contorna constitúen os temas fundamentais.