Entrevista nº 2506

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Trátanse os desafíos que afrontaron as Comisións Obreiras fundamentalmente dende a súa estabilización cara o ano 1966 ata a ilegalización en novembro do 67. As dificultades pasaron pola represión política, as trabas administrativas ou a persecución por parte da propia empresa, ante o que as respostas para artellar un verdadeiro movemente sindical foron diversas. Desenvolvéronse tanto no plano formal (entrada no Sindicato Vertical) como no informal, e dependeron sempre dun alto grao de compromiso por parte dos traballadores que participaron.