Trátase dunha entrevista a unha nai e unha filla, Dolores Gimenez- Dolores García Gimenez, militantes do PSP do partido e das xunventudes. Falan sobre como entraron no mundo da política, do marido-pai, Benito García Dorgambide, sobre a súa participación política. Da militancia en Vilagarcía e Pontevedra, como tamén da acción das xuventudes en Compostela. Dos ambientes políticos, mitins e reunións. Das eleccións, xornadas electorais e consideración dos resultados. Da unión co PSOE. Sobre a súa postura en canto a autonomía galega, e sobre a súa valoración no que atende a súa militancia na transición.