O entrevistado, Jose Clemente Orozco, aborda diferentes cuestións en relación a súa implicación política na transición no PSP de Lugo. Fala dos resto de compañeiros que o acompañaban na formación do PSP en Lugo. Así mesmo, aborda os seus inicios na política vinculados ós seus estudos universitarios en Salamanca, e tamén os seus primeiros contactos co PCE alí, máis o desencanto con este. Aborda os perfis profesionais que estaban dentro do PSP de Lugo, na maioría deles profesións liberais pero tamén había dous obreiros. Fala da relación co PCG. Tamén explica como eran as súas reunións clandestinas en lugares como Santiago de Compostela e as relacións con outras sedes como as de Coruña. Expón cal era a estructura organizativa do PSP en Lugo, os seus secretarios, folgas, contactos coa oposición. Tamén reflexiona sobre a memoria socialista do 36 en relación ós resultados das eleccións. Analiza tamén a campaña electoral do PSP en Lugo e os resultados. Da a opinión do PSP sobre outras cuestións como a autonomía, o uso da violencia, etc.