Entrevista a Anselmo Varela, exmilitante do PSP en Carballo, aborda diversas cuestións como as súas reunións en Carballo, o local onde o facían, os seus inicios na política, relacións coas forzas de seguridade, os seus vínculos con outras forzas políticas da oposición ó franquismo, relacións con outros membros do PSP e a súa acción en Carballo. Así mesmo, comenta os contactos con outras sedes como a da A coruña. Fala das súas viaxes a Madrid para acudir ó despacho de Tierno Galván.
Aborda ademais as súas inclinacións co PSP e non co PCE, que para el tiña dinámicas xerárquicas que non lle gustaban. Explica con isto as diferencias das diferentes organizanizacións, entre o PSP e o PCE. Tamén expón como foi a campaña electoral do 1977. Por último, acaba análizando o resultado dos votos desas eleccións e como o PSOE gañou en votos ó PSP, reflexionando sobre a memoria do partido histórico que era o PSOE.