Trátase dunha entrevista a Carlos Echaverría, un dos dirixentes do PSP en Galicia (A Coruña), a través do que relata os seus comezos na política: os seus atencementes e como chegou a estar vinculado a súa ideoloxía (principalmente pola referencia do seu pai, exiliado republicano), a súa entrada na política cando era estudante de Dereito en Santiago de Compostela, defendendo nun primeiro lugar reivindicacións estudiantís.
Xa a altura de finais dos 50, relata como recorre Galicia para xuntar a unha serie colegas seus avogados os que tampouco estaban agusto coa situación, para crear unha fronte de avogados de corte demócrata. Consegue un grupo non moi numeroso (non máis de 50) pero si significante. Fala das relacións que ten en Madrid co grupo de Tierno Galván. A súa impripal convicción polo que entrou na polítca foi pola defensa da liberdade en contra da ditadura.
A partir do 77 explica como abandonou o partido por certos conflitos internos con outros membros e tamén porque debía adicarse tamén o seu traballo de avogado, xa que tiña que seguir ganando diñeiro para vivir e non podía dedicarse tanto tempo a política.
Tamén fala da súa labor na cladestinidade, das actividades que realizaban os do PSP, os lugares onde se reunían. Aborda outras cuestións como a opinión do partido sobre aspectos como o referedum do 1977, o nacionalismo galego, que tipo de socialismo defendían, etc. Igualmente, aborda como levar a cabo a campaña electoral do 1977. A súa opinión sobre o fusión do PSP co PSOE. As relacións con outros grupos da oposición.