Entrevista nº 2518

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Trátase da entrevista a Eugenia Veslasco, filla dun dos creadores e dixirixentes do PSP en Galicia, neste caso en Pontevedra. Fala do pasado do seu pai, das relacións que tiña no despacho de avogados con Adrio. Explica como na súa casa cando era máis pequena había reunións clandestina, así como as reunións e contactos para plataxunta, relacións con outros dirixentes do PSP de Galicia. Conta tamén os seus inicios militando no PSP, cando marcha a estudar a Santiago de Compostela, no seu segundo ou terceiro curso universitario, no 1974. Explica así, que facía na súa militancia en Santiago: mitins, formacións, etc. Así mesmo, a acción do PSP en Pontevedra, como a preparación para a campaña electoral do 1977. ç Aborda outros temas como o nacionalismo, a financiación do PSP, a imaxe ue tiña do PSOE, o resultado electoral, as razóns polas cais ela máis o seu pai abandonan o partido coa fusión do PSOE. Finalmente aborda a relevancia que tiña a mulller militante no PSP: non había distincións entre homes e mulleres, pero non había un concepto de loitar pola igualdade das mulleres.