Os entrevistados relatan como se produciu a súa aproximación á política a través do seu pai, Jesús Rodríguez Conde, líder do PSP en Carballo, e como este xogou un rol fundamental na súa militancia. Entre os temas mencionados na entrevista destacan os seus roles e papeis nas xuventudes do PSP de Carballo, a relación que mantiñas cos membros do partido doutros concellos, a análise das faccións ideolóxicas que existían no partido, as lembranzas dalgúns dos actos máis importantes do PSP en Galicia ou a valoración tanto dos resultados electorais do partido como de todo o proceso posterior que levou a fusión do PSP co PSOE e como o viviron eles.