O entrevistado relata como comezou a implicarse na política durante os seus estudos en arquitectura e como se realiza a súa aproximación ao PSP, así como os motivos polos que chega, posteriormente, a decisión de afastarse do PSP para incorporarse a UCD de Adolfo Suárez. Durante a entrevista destacan temas como a importancia de membros do partido como Raúl Morodo, as relacións do PSP co SPD alemán, a composición intelectual e ideolóxica do PSP, a represión franquista ou a valoración dos resultados electorais do PSP nas eleccións do 77.