O entrevistado relata como se produciu a súa aproximación ao PSI, cales foron os motivos que o levaron a comezar a militar e porque, posteriormente, decidiu afastarse do partido para aproximarse á UPG. Entre os temas da entrevista resaltan as lembranzas da actividade política do PSI en Santiago de Compostela, sobre a composición ideolóxica e intelectual do partido, sobre os vínculos que se xeraban entre grupos políticos heteroxéneos a razón da represión que sufrían ou sobre as personalidades máis destacadas e influentes do partido.