A entrevistada expón as súas lembranzas acerca do período da Guerra Civil Española e a posterior represión franquista, prestando especial atención aos feitos ocorridos na fronteira galego-portuguesa. No seu relato atopámonos con referencias ao contrabando e o papel dos Estados na vixilancia da fronteira, os saltos de fronteira e a emigración galega, ou o comercio na fronteira, as amizades e as rivalidades.