Trátase dunha entrevista a Santiago Pazos Iglesias, militante das xuventudes do PSP en Carballo. Nela aborda os seus inicios na política, como se formou nela e que influencias tivo para entrar no PSP. Fala da propia formación das xuventudes, que estratos sociais tiñan como era a relación entres estes, a gran maioría amigos procedentes do instituto, e tamén as relacións das xuventudes cos adultos. Fala de cales eran as súas accións en Carballo de cara as eleccións. Como foron a preparación destas e os resultados electorais. Así mesmo, fala das relacións con outras sedes de Galicia, en especial fala das tensións que tiñan a de Coruña coa de Carballo. Os seus vinculos con outros grupos políticos e sindicatos, menciona a especial fricción coa UPG. Tamén aborda a cuestión da violencia na transición e como o PSP rexeitaba todo tipo de violencia. Como se estruturaban os mitins do PSP en Galicia e as posibles razóns que explicaron o seu fracaso electoral. De igual forma, introduce un apartado das súas vivencias na movida madrileña, unha vez pasan as eleccións ó trasladarse a Madrid.
Na propia entrevista tamén participa unha muller, Fernanda, e xa cara o final incorporase Anselmo Varela e da comezo a súa entrevista.