Trátase dunha entrevista a Manuel Couce militante do PSP en Ferrol. Nesta abórdanse temas como a actividade sindical en Ferrol nos anos da transición, a actividade de CCOO. Onde se reunía, que accións tiñan. Relacións con outros membros do PSP de Galicia con Ferrol. Os niveis profesionais e sociais da militancia en Ferrol. Os incidentes co movemento obreiro no 72 en Ferrol. Como se viviron as eleccións do 77, e a fusión co PSOE. Tamén aborda cuestións como o debate pola autonomía galega dentro do PSP, ou como se realizaban os mitins.