Trátase dun entrevista ó labrego José dos Santos, máis coñecido por Zé Rito, onde se aborda a súa vida dende a infancia ata a vida adulta, prestando atención no período da súa vida no que se viu afectado pola Guerra Civil Española. Relata como as relacións económicas e comerciais entre a súa vida coa fronteira galega víronse acabados por mor da guerra e como consecuencia disto foron anos de fame para el e os seus veciños. Tamén conta como foron anos de medo ante os sucesos que chegaban dende España e pola incidencia dos militares na fronteira. Narra o caso particular dun amigo seu contrabandista español que tivo que fuxir xa que o acusaran de comunista, e que finalmente o acabara preso, mais despois soltarano. Así mesmo, explica a súa actividade de contrabandista con este Juan e os conflitos que tiñan cos carabineiros. Da mesma forma, relata como co fin da guerra reanudouse a emigración e as relacións con España .