Esta entrevista foille realizada a Antonio Gato Soengas, natural de Monterroso, e membro do PSP, e máis tarde o PSOE, antes de e durante a Transición. Nun inicio, discute como previamente a súa incorporación a o PSP, formaba parte dun grupo de discusión de mestres en Santiago. No que falaban maiormente da súa profesión, pero chegando a organizar folgas, e como deste grupo chegaron a sair posteriormente varios membros de distintos partidos políticos da Transición.
En 1974, Jesús Vilela introduciuno ao PSP. Anteriormente, Antonio Gato xa se había visto seducido polas ideas de Tierno Galván e os seus escritos. Tendía a reunirse con outros membros do partido en Lugo, e describe o partido como formado principalmente por intelectuais de corte socialista. Fala das súas experiencias ao largo de esos anos, en eleccións e congresos, e da importancia doutros membros do partido.
Antonio menciona como en 1977 chegou finalmente a reunificación do PSP co PSOE. E como estivo satisfeito pola reunificación, dados os pobres resultados electorais do PSP previamente. Na seguinte parte fai mención a alguns dos enfrentamentos entre distintas ramas socialistas, como os centralistas e os galeguistas, antes de finalizar reflexionando sobre a posta a cabo da Transición.