Resumo
A emigración a Cuba do irmán, o retorno nos tempos da República e a militancia comunista. Retorno en 1933, despois de ter ido á Habana dende Monforte en 1927 ou 1928. As poucas diferencias que notara entre monarquía e República. Lembranzas sobre a sublevación; a captura do seu irmán e da súa nai, tamén militante, o asasinato de ambos. Outros episodios da represión en Ourense e arredores. A axuda prestada a un fuxido. As requisas e o terror. O estraperlo e a escasez.