Entrevista nº 2540

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Esta entrevista foille realizada a Pablo Pardo, natural de Lugo, e antigo membro do PSP. Pasou os anos previos a Transición estudando en Madrid, antes de volver a Galicia, casarse, e formar parte do Partido do Traballo. Posteriormente uniríase ao PSP xunto a Jesús Vilela, en 1974. Pardo pasa a falar entón da composición ideolóxica do partido, das reunións e mitins políticos, e da gran actividade da súa militancia entre distintos pobos da provincia de Lugo, debido a memoria histórica do PSOE. Menciona como tras os pobres resultados do PSP nas eleccións do 77, lamentouse de non haber colaborado co PSOE, que había sacado moitos mellores resultados. Pablo Pardo menciona como tivo varias posicións de importancia no PSP, antes de pasar a falar da organización do partido respecto a grupos profesionais. E como pertencendo a facción más radical do partido, opúxose a reunificación co PSOE. Pero como igualmente acabou desempeñando o papel de deputado no congreso por o PSOE, e fala das batallas internas do partido polas listas e o estatuto de Galicia. Finaliza falando de como abandonou a política activa en el 86, antes de dedicarse a súa carreira empresarial, e facer varias voltas breves ao escenario político en anos posteriores antes de xubilarse.