Esta entrevista foille realizada a José e Carmen Rodríguez Caamacho, fillos de Jesús Rodríguez Conde. Militantes do PSP, e membros das xuventudes durante a transición.
Falan primeiro das experiencias da súa familia. De como o seu avó tivo que fuxir con os seus de León para volver a Galicia pola guerra civil, e como seu pai foi membro do PSI de Tierno Galván durante os 60. E como trala fusión do PSP co PSOE, pese a non gustarlle, nunca deixou de militar neste.
Mencionan como foi a súa experiencia nas xuventudes e no PSP de Carballo. De como había como dúas faccións enfrontadas, e en ocasións tiñan problemas cos membros do partido en A Coruña. Falan tamén de anécdotas do partido ocorridas neses anos.
Pasan entón a falar sobre a súa experiencia en mitins e na campaña das eleccións do 77, e o desgusto que foi sacar tan malos resultados, e que o PSOE lles superara por tanto. E como ao contrario que seu pai, decidiron non seguir co PSOE, pois xa de antes veíano como o adversario a bater.