Nacido en Asturias en 1958 e de familia humilde, volveu con eles para Carballo cando tiña 9 anos. Traballando primeiro vendendo periódicos, e logo como camareiro durante o instituto, chegou a ter contacto con moita xente de fora do seu estamento.
En 1974, tivo moito contacto con moitos profesores que lle introduciron as ideas modernas de socialismo e democracia. Con isto, acaba sendo captado para o PSP por un fillo de Jesús Rodríguez. Fala entón da súa cercana relación con el, de mestre e pupilo, e dos membros que formaron as xuventudes do PSP en Carballo.
Menciona entón as confrontacións que o seu grupo tivo con outras, como os nacionalistas, o PSP de A Coruña, e dentro do propio grupo de Carballo. Fala da frustración enorme que foron os resultados das eleccións de 1977, e de como cree que o problema estaba en que o discurso do PSP era excesivamente intelectual e elitista.
Se fai mención o incidente cos nacionalistas cando Tierno veu a Carballo, e como cederon para que Doldán dera o discurso introdutorio. Pasa a falar de que como vían o PSOE naquela época e a súa relación con eles, e sobre a grandísima actividade política que había en Carballo no momento.
Menciona como dentro do grupo tendían a rexeitar vehementemente a violencia política, en parte por medo as represalias, e do seu gran esforzo de campaña por toda a provincia de A Coruña para as eleccións do 77. E volve a mencionar a enorme frustración que foron os resultados, antes de finalizar falando da unión co PSOE, e da súa marcha a estudar a Madrid, coa súa participación na movida madrileña.