Natural de Vigo, inda que pasou gran parte da súa infancia en Salceda, o seu único contacto coa política antes da universidade foi o interese do seu pai en Castelao. Fala brevemente da súa historia familiar, antes de empezar a falar do seu período político na universidade, a partir do 68.
En Santiago, fíxose membro do PSI, onde se atopaban os seus amigos. Fala da súas interaccións e relación con outros grupos como o PC, e como acabou pasándose a UPG. Menciona as súas malas experiencias co franquismo, como abandonou a militancia.
Conclúe falando das diferenzas ideolóxicas dos distintos grupos e partidos, o lugar do galego nesa época, e fai reconto do seu papel naquela época.