Entrevista nº 2547

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Nesta entrevista a José Manuel Rey Pichel, o entrevistado fala primeiramente da súa incorporación ao círculo de Tierno Galván, e como entrou en contacto con eles xunto ao seu irmán. Menciona como en aquela época, a finais dos 60, o que mais lles preocupaba era a falta de democracia en España. Pasa a falar entón dos contactos de Tierno co SPD alemán. E como tras viaxar moitos desde España e Portugal a Alemaña para un seminario, o cal asistiron moitas figuras de posterior importancia política, el e seu irmán foron dos fundadores iniciais do PSI. Menciona tamén como posteriormente, Tierno perdeu o apoio do SPD en favor do PSOE, debido ao medo deste as súas teses marxistas. Pero entre tanto, lograron una serie de apoios económicos e loxísticos para o seu movemento. José Manuel pasa a falar entón de cando o detiveron nunha protesta no 68, e o preto que estivo de ir a cárcere. Por lo que se distanciou da política durante un tempo. Menciona como se desenrolou a súa carreira de arquitecto durante ese período, pola que tiña paixón. E como tras volver a la política, tiveron multas y dificultades legais por outros proxectos. Fala entón de varios membros de importancia do PSP, partido no que el xa non participou, e como organizou diferentes conferencias para falar sobre liberdade e democracia. Menciona os conflitos do PSP, a súa breve andadura como concexal para UCD, y a súa participación na fundación da Junta Democrática de Galicia. Antes de finalizar falando sobre seu orgullo en haber participado na oposición democrática, e de os distintos postos administrativos que obtivo posteriormente a lo largo da súa vida.