Entrevista nº 2548

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Fillo de pai exiliado durante a Guerra Civil, o cal foi un gran exemplo político para el. Pero criándose nun ambiente algo conservador, con 17 anos acabou rompendo coa igrexa e súas crenzas relixiosas tras un desencontro con varios curas. Non empezou co seu propio activismo político ate os anos 50, no seu segundo ano de carreira en Santiago, querendo participar nalgo polo que seu pai loitou. Cando empezou a traballar como avogado, xuntouse con outros para formar un grupo de avogados demócrata. Acabou coñecendo a Tierno Galván a través de Jesús Rodríguez Conde, e acabaron formando unha célula propia do PSI en Galicia. Pasa a falar dos membros que integraron o partido en Galicia. E como nas eleccións do 77 quixo abandoar as listas, pero que non lle deixaron, e como acabou cansado dos texemanexes políticos tras isto. Menciona tamén o seu recorrido como secretario xeral do PSI, previa a formación do PSP, e o porque do nome. Fala como foron aqueles primeiros anos de clandestinidade, das reunións da Junta Democrática, da súa labor como avogado, e das detencións que chegaron a ocorrer. Pasa a falar entón do rol da lingua galega na época, e da formación do PSPdG, antes de pasar a falar campaña electoral do 77. Menciona como sen experiencia previa, aprenderon a facer mitins lendo de libros, e como funcionaron a financiación e gastos de campaña. Menciona como tras aquelo abandonou a política, e pasa a falar da composición dos militantes do PSP, das tácticas do partido, e dos distintos congresos que houbo e nos que participou. Menciona tamén como se viviu a morte de Franco, e como se deu o cambio de PSI a PSP no 76. Volve a falar da campaña electoral do 77, falando de como se vivía aquel ambinte, e do desencanto cos resultados e posterior unificación co PSOE. Deixando el a vida política tras aquelo. Termina falando como viviron outros membros do PSP o asunto da fusión co PSOE, e fala da política posterior ata a actualidade.