Menciona os seus antecedentes familiares, e fala do seu tío represaliado republicano. Menciona como foi a estudar a Oviedo, e como se envolveu na política ao graduarse en dereito. Como coñeceu a Raúl Morodo e Tierno Galván, e como se meteu no PSP. Menciona como era o clima político e intelectual en Oviedo, e cando volve a Galicia.
Fala do núcleo do PSP no Barco de Valdeorras, a composición dos seus militantes, e do atraente que era a figura de Tierno Galván. Comeza a falar doutros partidos de esquerdas da época, e sobre os motivos da gran vitoria do PSOE sobre o resto.
Pasa a falar das protestas organizadas e a súa relación cas autoridades, e da división do PSP entre nacionalistas e non nacionalistas. Fala dos congresos do PSP e o PSOE, da súa participación nas eleccións posteriores, e de como se tomaron a integración co PSOE.
Remata falando de como organizaban os seus mítins e campañas, e de como foi a súa organización interna antes e trala fusión. Menciona o 23-F, e fai reconto daqueles anos, e da ilusión que tiñan por cambiar as cousas.