A entrevista, realizada aos parentes de César Alberte (asasinado en novembro do 1936 por dous falanxistas en Arnoia) aborda as diferentes tentativas que tiveron estes parentes para localizar o corpo do seu pai. Expón como se levou a cabo o levantamento dunha zona da Igrexa de Filgueira en Crecente, a das escaleiras, para buscar a localización da fosa común onde foi enterrado, como contaba os familiares do canteiro que se ocupou de darlle sepultura. Tamén expón os sucesos da súa morte e o perseguimento dos seus familiares, así como o xuízo do que foron suxeito os falanxistas que o asasinaron. Xuízo onde precisamente foron inculpados polos seus actos en contra de César Alberte. Así mesmo, conta as diferentes anécdotas de enfrontamento entre os seus familiares e os seus asasinos cos que convivían na mesma vila.