Entrevista nº 2554

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Durante a entrevista, José Ramos, quen era un novo veciño de Sendelle á altura de 1936, repasa distintos eidos da vida cotiá en tempos do Golpe e da primeira persecución, dende os hábitos da mocidade ata o mesmo clima de calma atemorizado que se mantivo inalterable en Crecente, pasando polas condicións materiais do groso da poboación da comarca e polas saídas que algunhas persoas procuraban a estas, coma o contrabando. Na entrevista tamén se referencian varios casos de violencia física golpista, entre os que podemos salientar os apuntes sobre as fosas de Filgueira e Fonte Fría.